miércoles, 18 de octubre de 2017

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Estamos xa metid@s de pleno nun novo curso escolar e tod@s as mestras de infantil do Cordo Boullosa agardamos que os pequenos e pequenas aprendan, gocen e se divirtan nesta nova aventura que están comenzando.

BENVIDOS a todos e a todas a este novo curso 2017-2018!!
 
  
BENVIDA E.I. from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 3 de julio de 2017

RESUMO ANUAL

Este ano por falta de tempo non nos foi posible convocar ás familias do cole para ver o video resumo das actividades que levamos a cabo ao longo de todo o curso en infantil como viñamos facendo os anos ateriores. Pero para que poidades velo creamos esta entrada, agardamos que vos guste porque dende logo os pequenos e pequenas pasárono en grande!!

Aproveitamos para desexarvos a tod@s un BO VERÁN!!!Vémonos en setembro!!

  
Videoinfantil2017 from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 21 de junio de 2017

Aniversarios 3º trimestre

Chegou xuño e con el o fin doutro curso!! Neste terceiro e último trimestre seguimos festexando un montón de aniversarios e como sempre pasámolo xenial entre biscoitos e demais lambetadas!!
Aquí vos amosamos as festas que montamos!

Aniversarios 3ºtrimestre from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 10 de abril de 2017

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

Chegamos xa ao remate deste segundo trimestre e como sempre ao longo destes meses tivemos unha morea de aniversarios que vos amosamos neste breve resumo, para que vexades que ben o pasamos!!!
Que teñades unhas boas vacacións e cargade ben as pilas para a recta final do curso.

   
cumples 2ºT from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 13 de febrero de 2017

SEMANA DA FROITA

Ao longo da semana pasada participamos na SEMANA DA FROITA FRESCA e aproveitamos para facer un taller, velaí tedes un resumo!!

FROITA FRESCA from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 19 de diciembre de 2016

ANIVERSARIOS DO 1ºTRIMESTRE

Xa chegou o Nadal e ao longo destes meses festexamos un montón de aniversarios cunha morea de coroas, pasteis, aplausos, felicitacións... Aquí vos deixamos algunhas das instantáneas que recollimos de todos eses momentos.

Un saúdo e BO NADAL!!!


Aniversarios 1ºtrim 16-17 from Departamento de orientación on Vimeo.

sábado, 5 de noviembre de 2016

COMEZAMOS O PDI

Este ano no cole levaremos a cabo un PDI sobre a Idade Media e os de infantil xa estamos metidos de cheo neste proxecto.
Aquí vos vai un resumo da fase de motivación  na que recibimos a visita no cole da princesa Ximena e o seu cabaleiro e na que visitamos o seu castelo en Soutomaior.
Agardamos que vos guste!!
Motivación PDI E.I. from Departamento de orientación on Vimeo.